espazolectura
-
Os nenos teñen que ter libros de seu, ademais de ser usuarios de bibliotecas: permítelles relelos no momento que queiran
9:15 AM Oct 17th
from web
-
O amor polo libro tamén ten algo físico: é importante poder tocalos e telos en lugares da casa á man
9:12 AM Oct 17th
from web
-
Non pasa nada por non rematar un libro. Deixar un libro poder ser un acto crítico
9:10 AM Oct 17th
from web
-
Podemos estragar o impacto dun bo libro por non achegalo no momento adecuado. Cada lectura ten unha idade apropiada
9:09 AM Oct 17th
from web
-
Non se lles debe impor aos fillos os gustos dos pais
9:06 AM Oct 17th
from web
-
Lendo o que eles len e sabendo o que eles opinan imos intuíndo o seu gusto, o que nos facilita o labor de atopar lecturas axeitadas
9:05 AM Oct 17th
from web
-
É necesario ler o que eles len para poder opinar sobre isto con autoridade e orientar o criterio que eles van ir formando
9:03 AM Oct 17th
from web
-
Hai que preguntarlles aos fillos a súa opinión sobre as súas lecturas para formar lectores con criterio crítico
9:02 AM Oct 17th
from web
-
Pode ser bo nalgún momento asociar a lectura coa transgresión; pode axudar a canalizar as ansias de transgresión de nenos e adolescentes
9:00 AM Oct 17th
from web
-
Cómpre reservar un tempo e un lugar para a lectura: a lectura ten que ser como lavar os dentes, debe ser un hábito
8:57 AM Oct 17th
from web
-
A repetición de historias dálles aos nenos seguridade e axúdalles a referendar a súa competencia lectora
8:57 AM Oct 17th
from web
-
Superada a etapa prelectora, os nenos seguen demandando aos seus pais que lles lean en voz alta. E cómpre seguir acompañándoos
8:56 AM Oct 17th
from web
-
Os pais para os seus fillos son un referente: os nosos fillos van facer o que nos vexan facer
8:50 AM Oct 17th
from web
-
Uns pais que manipulan libros espertan unha inquietude innata nos fillos por eses obxectos
8:48 AM Oct 17th
from web
-
Na educación dos fillos hai que escoller entre o fundamental e o accesorio: se a lectura é prioritaria hai que dedicarlle tempo e recursos
8:47 AM Oct 17th
from web
-
É necesario ter estratexias para conseguir que os fillos sexan bos lectores. Non se consegue de forma natural
8:46 AM Oct 17th
from web
-
Comeza a intervención de Dolores Vilavedra
8:43 AM Oct 17th
from web
-
Ter un caderno de experiencias é unha ferramenta moi útil para que os nenos teñan o seu espazo onde rexistrar emocións a través da escrita
8:43 AM Oct 17th
from web
-
A tecnoloxía como medio é importante, mais un pai ou nai contando unha historia é tamén un medio audiovisual que hai que reivindicar
8:42 AM Oct 17th
from web
-
Reflexiona sobre a importancia da lectura como un modo de transmisión de experiencias útiles
8:40 AM Oct 17th
from web
|
- Name Espazo Lectura
- Location Galicia
- Web http://www.espazo...
- Bio Espazo Lectura é unha asociación, sen ánimo de lucro, para o fomento e a animación á lectura.
|