espazolectura
-
Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, fai balance das xornadas Lendo en familia e procede á súa clausura. Despedímonos. Moitas grazas
11:21 AM Oct 17th
from web
-
Agustín Fernández Paz remata a súa intervención lendo o manifesto "Onde hai unha biblioteca hai unha luz" e lendo un conto de Rodari.
11:19 AM Oct 17th
from web
-
Se tes ganas de contar un conto, aínda que creas que o fas mal, se o fas con cariño, transmites a lectura a través do amor e do cariño.
11:16 AM Oct 17th
from web
-
Tiven moi bos profesors que incidiron nesa liña de lernos e nese sentido considero que fun un afortunado porque me fixeron un bo lector.
10:59 AM Oct 17th
from web
-
Meu pai líanos anacos de libros ceontábanos cousas deles brillándolle os ollos. Ese segue sendo un camiño esencial para a lectura.
10:49 AM Oct 17th
from web
-
O libro co que me iniciei na lectura foi principalmente A illa misteriosa, de Verne, en castelán, sobre o que meu pai nos contaba cousas.
10:47 AM Oct 17th
from web
-
Meu pai, que era carpinteiro, sen decatarse, meteume o vicio pola lectura. Líanos anacos de libros como Merlín e familia ou Á lus do candil.
10:46 AM Oct 17th
from web
-
Agustín Fdez. Paz: Éme moi difícil concibir a miña vida sen lectura. Podería concibila sen escrita, pero non se lectura.
10:37 AM Oct 17th
from web
-
Emili Teixidor: somos animais de palabras. É a mesma idea, insiste Agustín Fdez Paz, repetida unha e outra vez.
10:35 AM Oct 17th
from web
-
Cunqueiro dicía que necesitamos soños como quen precisa beber. Anos despois, Paul Auster, ao recoller o Cervantes, coincidiu coa mesma idea.
10:33 AM Oct 17th
from web
-
A lectura pode ser a auga da vida e ostenta as cualidades que fan devolverlle a vida ás persoas.
10:31 AM Oct 17th
from web
-
Agustín Fernández Paz entrelaza de citas a súa intervención sobre a lectura e a descuberta do mundo a través da palabra.
10:29 AM Oct 17th
from web
-
Comeza a intervención de Agustín Fernández Paz, presentado por Xosé Manuel Moo, membro da directiva de Espazo Lectura
10:18 AM Oct 17th
from web
-
A sesión reanúdase ás 19:00 horas coa conferencia de clausura de Agustín FernándezPaz: "A descuberta do mundo"
9:55 AM Oct 17th
from web
-
Remata a mesa redonda dedicada á experiencia de medrar nunha casa na que se le
9:54 AM Oct 17th
from web
-
Debátese sobre a importancia do papel da escola á hora de xestionar a diversidade no tocante ás lecturas recomendadas para cada neno
9:29 AM Oct 17th
from web
-
Rematan as primeiras intervencións e ábrese a quenda de debate
9:25 AM Oct 17th
from web
-
Non debemos esixir que todos os nenos e nenas sexan lectores de literatura
9:20 AM Oct 17th
from web
-
Carlos Casares dicía que a todo o mundo lle debería gustar ler pero non a todo o mundo lle ten que gustar a literatura
9:20 AM Oct 17th
from web
-
A relectura é un exercicio crítico e autocrítico: sei o que me gusta, sei onde atopalo e vouno procurar
9:16 AM Oct 17th
from web
|
- Name Espazo Lectura
- Location Galicia
- Web http://www.espazo...
- Bio Espazo Lectura é unha asociación, sen ánimo de lucro, para o fomento e a animación á lectura.
|